PATRIMONIO INMATERIAL DE SALVATERRA

Aquí tedes algunhas das presentacións realizadas polo alumnado de 4º ESO na materia de Xeografía e Historia sobre o PATRIMONIO INMATERIAL DE SALVATERRA:

LENDA DA FILLABOA: traballo realizado por Nerea Valije, Lena Landqvist, Marcos Núñez e Ángel Márquez de 4º A.

OS MAIOS EN SALVATERRA: traballo realizado por María Monteagudo, Noelia Núñez, Cándido Casal e Adrián Fdez de 4º A

LENDA DO MONTE DO CRASTO: traballo realizado por Sabela Pérez , Reyes Fdez., Lucía Valije e Andrea Ferreira de 4º A.

O ANTIGO TRASBORDADOR: traballo realizado por Jose Antonio Mena, Alba Blanco, Javier Ferreira e Ainoa Corbacho de 4º A.

PESCADORES DE LAMPREA: traballo realizado por Fátima Glez., Sonia Glez., Raúl Marcos e Pedro Estévez.

CORPUS: traballo realizado por Laura Glez., Lucas Álvarez, Lúa Piñeiro, Iago Gayoso de 4º B.

PESCA DA LAMPREA: traballo realizado por Xacobo Conejo, Jessica Garrido, David Fdez., Verónica Fdez..

TARECOS: traballo realizado por Rocío Núñez, Lucía Cruces, Isable Ojea, e Pablo Arbones de 4º B

A CASA DO POBO: traballo realizado por Pablo Rguez., Lucía Vázquez, Jesica Valije e Iago García de 4º B.

PESCA DA LAMPREA: traballo realizado por Serxio Estévez, Sara Faro, Miguel Álvarez e María Fragueiro de 4º B.





Documental Iria Souto

Documental elaborado por Iria, alumna de 4º da ESO, que contou coa colaboración de toda a familia para nos amosar como é que se fai o viño no Condado. Velaquí o traballo comunal:



ENTREVISTA DE CARLOS BESADA

Unha nova entrevista que recolle o saber da nosa xente. Neste caso Carlos Besada, alumno de 4º da ESO, recolle o testemuño de María Pilar Rodríguez Fernández, veciña da parroquia de Porto, que nos conta todos os segredos sobre o viño do Condado.



Vocabulario A Adega

O alumnado de 5º de CEP Carlos Casares, fixo estas presentacións sobre o vocabulario de todos os obxectos que había na exposición A Adega. Foron eles os que fixeron as fotografías, buscaron os significados dos termos no dicionario da RAG e finalmente elaborar as presentacións. Todas tiñan transcicións, sons e efectos de entrada e saída, que non podedes ver ao ter que convertelas en pdf, para poder insrila aquí. UN GRAN TRABALLO!!!

Curta documental de Carla Grova

Vídeo realizado pola alumna de 4º da ESO Carla Grova, que entrevista a Consuelo Pérez, natural de Leirado. Todo o saber desta muller acompáñase dunha road movie por ditintos lugares do noso Concello para remataren a conversa na adega familiar.  Acompáñanos nesta viaxe!



TRÁILER DA VISITA DO ALUMNADO DE ALXÉN AO IES NA SEMANA DA CIENCIA

O alumnado do CEP CARLOS CASARES de 1º, 2º e 3º de EP visitaron o IES de SALVATERRA na súa SEMANA DA CIENCIA. Ademais de asistiren a unha demostración no laboratorio do proceso de destilación coa profe-druída Carmen Pardo, pasaron por todos os experimentos que lles explicaba o alumnado de ESO e BAC coordinados polo profesorado dos diferentes departamentos: fotografía aérea, cambio climático, ósos flexibles... unha chea de cousas que aprendemos!!
Ademais acudimos a unha charla interesantísima da científica galega do CSIC Susana Boso, que nos explicou o método científico e os avances que se conseguen coa investigación dentro do campo da viticultura. Foi unha xornada marabillosa, e aquí vos deixamos apenas un petisco en forma de tráiler. Axiña subiremos fotos deste día memorable.