VISITA DO IES AO CEP CARLOS CASARES (27/11/15)

Por segundo curso consecutivo, o CEP Carlos Casares ofreceu ao alumnado de 1º e 2º da ESO do IES unha xornada moi especial no seu centro. Dividímonos en tres grupos para participarmos en todas as actividades arredor do proxecto:  houbo visita guiada polo alumnado de 6º á exposición anual; un obradoiro de etiquetaxe de botellas por ver a nosa creatividade; e comezamos a traballar nun mapa conceptual enriquecido a través de códigos QR. Foivos unha xornada ben completa!!

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN "A ADEGA"

A exposición divídese en tres apartados: a adega tradicional, a adega actual e unha colección das botellas comercializadas desde o noso Concello. Todo o material foi cedido polas familias do alumnado, as adegas do Condado e Industrias Céspedes. E mellores guías non os hai!!



OBRADOIRO DE INFORMÁTICA. "Un percorrido a través dun mapa conceptual enriquecido" Creación de códigos QR, para enriquecer de xeito colaborativo o mapa conceptual. Coa profe Paqui e os seus alumnos como axudantes comezamos esta aventura investigadora. A cousa promete!!



OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE ETIQUETAS DE BOTELLAS

E para fomentar a nosa creatividade, guiados pola profe Pilar inventamos as nosas adegas, cos seus logos e deseños publicitarios, despois de estudarmos as características e información que atopamos nestes textos publicitarios.