SEMANA DA CIENCIA

Entre o 11 e 15 de abril celébrase no IES de Salvaterra a SEMANA DA CIENCIA, inzada de exposicións e experimentos, como podedes ver no tríptico

Ademais, o venres 15 visíta o insto o alumnado de 1º, 2º e 3º de Alxén, que dentro do Salvaterra de Viño asistirán ao proceso de destilación no laboratorio de Física e Química. 

Despois de ver os experimentos do alumnado e visitar as diferentes exposicións, asistiremos á conferencia A VITICULTURA NO CSIC a cargo dunha investigadora de tan importante institución.

Velaquí un vídeo para abrir boca