TRÁILER DA VISITA DO ALUMNADO DE ALXÉN AO IES NA SEMANA DA CIENCIA

O alumnado do CEP CARLOS CASARES de 1º, 2º e 3º de EP visitaron o IES de SALVATERRA na súa SEMANA DA CIENCIA. Ademais de asistiren a unha demostración no laboratorio do proceso de destilación coa profe-druída Carmen Pardo, pasaron por todos os experimentos que lles explicaba o alumnado de ESO e BAC coordinados polo profesorado dos diferentes departamentos: fotografía aérea, cambio climático, ósos flexibles... unha chea de cousas que aprendemos!!
Ademais acudimos a unha charla interesantísima da científica galega do CSIC Susana Boso, que nos explicou o método científico e os avances que se conseguen coa investigación dentro do campo da viticultura. Foi unha xornada marabillosa, e aquí vos deixamos apenas un petisco en forma de tráiler. Axiña subiremos fotos deste día memorable.